AS PERSOAS REFUXIADAS: O DRAMA LATENTE.
16 de abril de 2019
Xa non somos estraños neste campo. Recíbennos
cun control de seguridade moito menos exhaustivo que en anos anteriores. Agárdanos
o persoal de Care, filial de Acnur, para acompañarnos a un dos seus centros. Dividimos
o grupo de voluntarios/as para atender a alta demanda: un grupo imos a care e
outro acodirá por primeira vez á Vila 3.
Nas
primeiras horas asisten varios grupos de nenos, aproveitando o tempo libre que
teñen ata as 12 h que comezan a escola. Distintos niveis e idades, nenos que
seguen chegando, desbórdase a sala… caos, pero dentro do caos reina a alegría e
a paixón torno ó xadrez.
Ás 12, as nenas saen do colexio e incorpóranse
ás nosas actividades. Sorpréndenos Isra, a quen coñecimos no 2016 e que con
moito agarimo nos saúda. Lembramos cando a coñecimos: debuxando un fermoso xogo
de xadrez.
Ó mesmo tempo, no centro Makany da vila 3,
xestionado por persoas refuxiadas co apoio de Unicef, 211 nenos e nenas están
rexistradas na actividade.
Nos obradoiros aprenden nocións básicas de
xadrez: coñecen as pezas, pero sobre todo, demóstrannos a súa alegría e ilusión
en cada un dos xogos.
No
exterior, amósannos as súas habilidades acrobáticas á vez que aprenden os
movementos das pezas: carreiras de peóns, dinámicas con petos de distintas
pezas, realizamos un xadrez vivinte …
Ao final
do día, percorremos a pé uns metros polo campamento que nos fan lembrar onde
nos atopamos, lémbranos o illamento no que as persoas refuxiadas están, o drama
latente do que en Europa pouco se fala e menos aínda se fai.
0 comentarios:
Publicar un comentario