VI XADREZ NA RÚA & VI PONTEXADREZ

29 de mayo de 2015


         VI XADREZ NA RÚA & VI PONTEXADREZ
                29 e 30 de maio


“O Xadrez ten futuro na cidade de Pontevedra”.
   

300 escolares pontevedreses toman a Praza de España baixo o lema “eu xogo xadrez”. Os colexios, Xunqueira 2, Campolongo e Vidal Portela, xunto coa Escola Xadrez de Pontevedra, foron os organizadores dunha festa do xadrez que chega xa á súa sexta edición. Unha xuntanza aberta aos centros escolares pontevedreses, na que os máis cativos comparten as súas estratexias enriba dos taboleiros.


Moitos rapaces de Pontevedra xogan o xadrez, algúns aprenderon na casa, outros na propia Escola de Xadrez, pero moitos, e cada vez máis, deron os seus primeiros pasos de mans dos  seus propios mestres no colexio. Unha labor que foi recoñecida pola Escola Xadrez de Pontevedra coma digna de eloxio e que vai na liña da proposta aprobada no Parlamento Europeo no 2012, e recentemente no de Galicia, na que se insta a introdución do xadrez na escola.


Como pechamento do evento escolar, a EXP quixo agasallar con un peón conmemorativo do Xadrez na Rúa 2015, a tódolos rapaces e cun pequeno lote de material de xadrez a cada colexio, deixando en firme a promesa de petar nas portas das institucións para na seguinte edición poder dotar aos centros do material que están a demandar, taboleiro xigante para os rapaces de infantil, taboleiros murais, xogos, ou software educativo.


A reacción dos viandantes. Xa como unha anécdota, relatan os membros da EXP as 3 fases dos milleiros de persoas que nestes anos toparon coa cita do xadrez. A primeira, coincidindo coa fase de montaxe, é  a pregunta de se trata dunha festa gastronómica. Negada a romaría e escoitada a verba “xadrez”, chega a fase da relación, ou ben de cando xogaban na infancia, ou ben dalgún parente o que lle gustaba moito pero nunha porcentaxe considerablemente baixa, aquel nin sabe nin soubo de quén. E xa por último, e coa actividade explicada, albiscando xa algún dos paneis da exposición relativa o xadrez, chega a terceira fase, a da satisfacción e  recoñecemento. Todos mostran unha sensación de ledicia de que se organicen este tipo de eventos, incluso aqueles que afirman descoñecer o xogo, si teñen unha imaxe do que representa e manifestan a importancia de inculcarllo aos rapaces.  Loxicamente, cos anos xa son moitos os pontevedreses que saben e identifican ó momento o festival, polo que as maiores sorpresas son para os numerosos grupos de turistas, que na súa ruta de paso ó Casco Vello, topan  co milenario xogo do Xadrez.


O sábado segue o Festival coa sexta edición do “Pontexadrez”, unha das probas máis concorridas do Circuíto Galego Escolar de Xadrez. Dende as 11 da mañá e ate as oito da tarde, xadrecistas de toda Galicia competirán nas diferentes categorías, dende os sub 8, ata a categoría absoluta.        



Toda a información do Festival de xadrez ao aire libre pódese consultar na páxina web oficial da Escola de Xadrez de Pontevedra    www.xadrezpontevedra.com


Gabinete de prensa da Escola Xadrez de Pontevedra
650645318 / 646524394                  



0 comentarios:

Publicar un comentario

HISTORIA DE LA ESCUELA

La Escola de Xadrez de Pontevedra, es una asociación sin ánimo de lucro, creada el 1 de diciembre de 2.001, que viene desarrollando desde su inicio, una intensa actividad que abarca todos los niveles y edades, con el fin de promocionar el ajedrez.

Nuestro gran reto actual es convertir a la escuela en un club donde poder venir a jugar unas partidas por diversión y amistad.

CLASES MAGISTRALES

En nuestra página de Youtube, tenéis disponibles una selección de vídeos de recursos didácticos y de estudios artísticos.

http://www.youtube.com/user/xadrezpontevedra#p/p