Varios de EXP

16 de abril de 2019

AS PERSOAS REFUXIADAS: O DRAMA LATENTE.



Xa non somos estraños neste campo. Recíbennos cun control de seguridade moito menos exhaustivo que en anos anteriores. Agárdanos o persoal de Care, filial de Acnur, para acompañarnos a un dos seus centros. Dividimos o grupo de voluntarios/as para atender a alta demanda: un grupo imos a care e outro acodirá por primeira vez á Vila 3.

 Nas primeiras horas asisten varios grupos de nenos, aproveitando o tempo libre que teñen ata as 12 h que comezan a escola. Distintos niveis e idades, nenos que seguen chegando, desbórdase a sala… caos, pero dentro do caos reina a alegría e a paixón  torno ó xadrez.


Ás 12, as nenas saen do colexio e incorpóranse ás nosas actividades. Sorpréndenos Isra, a quen coñecimos no 2016 e que con moito agarimo nos saúda. Lembramos cando a coñecimos: debuxando un fermoso xogo de xadrez.


Ó mesmo tempo, no centro Makany da vila 3, xestionado por persoas refuxiadas co apoio de Unicef, 211 nenos e nenas están rexistradas na actividade.


Nos obradoiros aprenden nocións básicas de xadrez: coñecen as pezas, pero sobre todo, demóstrannos a súa alegría e ilusión en cada un dos xogos.


 No exterior, amósannos as súas habilidades acrobáticas á vez que aprenden os movementos das pezas: carreiras de peóns, dinámicas con petos de distintas pezas, realizamos un xadrez vivinte …
 Ao final do día, percorremos a pé uns metros polo campamento que nos fan lembrar onde nos atopamos, lémbranos o illamento no que as persoas refuxiadas están, o drama latente do que en Europa pouco se fala e menos aínda se fai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario