Premio Ciudad de Pontevedra
21 de enero de 2018
Queremos dar as grazas a todos os que fixestes posible que onte recibísemos o premio Cidade de Pontevedra. Foi unha honra para nós recibir este premio do Concello de Pontevedra, e ademais facelo xunto ao Doutor Victor Pedreira (premio na categoría persoa física), referente en psiquiatría e firme defensor da sanidade pública. Estivo acompañado pola Asociación Alba, de Familiares e Amigos de Persoas con Enfermidade Mental, asociación que fai un gran traballo desde hai anos na nosa cidade e que foi quen propuxo a súa candidatura. Parabéns de corazón a ambos por este premio e pola súa admirable traxectoria. Parabéns tamén ao resto de candidaturas e grazas ao Casino Industrial e Mercantil de Pontevedra por propoñernos, ao Concello de Pontevedra e a todos vós.
0 comentarios:
Publicar un comentario