VI XADREZ NA RÚA & VI PONTEXADREZ
29 de mayo de 2015
VI XADREZ
NA RÚA & VI PONTEXADREZ
29 e
30 de maio
“O Xadrez ten futuro na
cidade de Pontevedra”.
300 escolares pontevedreses
toman a Praza de España baixo o lema “eu xogo xadrez”. Os colexios, Xunqueira 2, Campolongo e Vidal Portela,
xunto coa Escola Xadrez de Pontevedra,
foron os organizadores dunha festa do xadrez que chega xa á súa sexta edición.
Unha xuntanza aberta aos centros escolares pontevedreses, na que os máis
cativos comparten as súas estratexias enriba dos taboleiros.
Moitos rapaces de
Pontevedra xogan o xadrez, algúns aprenderon na casa, outros na propia Escola
de Xadrez, pero moitos, e cada vez máis, deron os seus primeiros pasos de mans
dos seus propios mestres no colexio. Unha
labor que foi recoñecida pola Escola Xadrez de Pontevedra coma digna de eloxio
e que vai na liña da proposta aprobada no Parlamento
Europeo no 2012, e recentemente no de Galicia,
na que se insta a introdución do xadrez
na escola.
Como pechamento do evento
escolar, a EXP quixo agasallar con
un peón conmemorativo do Xadrez na Rúa
2015, a tódolos rapaces e cun
pequeno lote de material de xadrez a cada colexio, deixando en firme a promesa
de petar nas portas das institucións para na seguinte edición poder dotar aos
centros do material que están a demandar, taboleiro xigante para os rapaces de
infantil, taboleiros murais, xogos, ou software educativo.
A reacción dos viandantes. Xa como
unha anécdota, relatan os membros da EXP as 3 fases dos milleiros de persoas
que nestes anos toparon coa cita do xadrez. A primeira, coincidindo coa fase de
montaxe, é a pregunta de se trata dunha
festa gastronómica. Negada a romaría e escoitada a verba “xadrez”, chega a fase
da relación, ou ben de cando xogaban na infancia, ou ben dalgún parente o que
lle gustaba moito pero nunha porcentaxe considerablemente baixa, aquel nin sabe
nin soubo de quén. E xa por último, e coa actividade explicada, albiscando xa
algún dos paneis da exposición relativa o xadrez, chega a terceira fase, a da
satisfacción e recoñecemento. Todos
mostran unha sensación de ledicia de que se organicen este tipo de eventos,
incluso aqueles que afirman descoñecer o xogo, si teñen unha imaxe do que
representa e manifestan a importancia de inculcarllo aos rapaces. Loxicamente, cos anos xa son moitos os
pontevedreses que saben e identifican ó momento o festival, polo que as maiores
sorpresas son para os numerosos grupos de turistas, que na súa ruta de paso ó
Casco Vello, topan co milenario xogo do
Xadrez.
O sábado segue o Festival
coa sexta edición do “Pontexadrez”,
unha das probas máis concorridas do
Circuíto Galego Escolar de Xadrez. Dende as 11 da mañá e ate as oito da
tarde, xadrecistas de toda Galicia competirán nas diferentes categorías, dende
os sub 8, ata a categoría absoluta.
Toda a información do Festival de xadrez ao aire libre pódese
consultar na páxina web oficial da Escola
de Xadrez de Pontevedra www.xadrezpontevedra.com
Gabinete de prensa da Escola Xadrez de Pontevedra
650645318 / 646524394
0 comentarios:
Publicar un comentario