Torneo Día das Letras Galegas
23 de mayo de 2014
O
xadrez da vila homenaxea a Xosé María Díaz Castro.
Este sábado 17 de maio arredor de cincuenta persoas persoas de todas as idades
participaron no Torneo de Xadrez Letras Galegas, que tivo lugar en Santa
María.
Esta
actividade, que cada ano organizan o Concello de Pontevedra e a Asociación de
Veciños de Santa María en colaboración coa Escola de Xadrez de Pontevedra, foi
unha vez máis acollida con éxito por xogadores de Pontevedra así como visitantes
de paso pola nosa cidade.
Os
participantes, na súa maioría nenos, rendiron homenaxe a Xosé María Díaz Castro
xogando máis de cen partidas entre eles, na modalidade de Xadrez
Maratón.
Ao finalizar Pilar Senorans , presidenta
da Asociación de Veciños, e Demetrio Gómez, Concelleiro de Normalización
Lingüística fixeron entrega de medallas e libros de literatura galega.
Demetrio Gómez sinalou a importancia de
ter un día adicado exclusivamente ás nosas letras. Membros da selección galega
cadete de xadrez, medalla de bronce no Campeonato de España, fixeron unha
lectura homenaxeando a Xosé María Díaz Castro.
Dende a Escola de Xadrez de Pontevedra
se recordou ao falecido Ramón Escudeiro, que era sempre un xogador habitual en
todas as edicións deste Torneo Letras Galegas.
0 comentarios:
Publicar un comentario